sábado, 26 de diciembre de 2020

MÚSICA CLÁSICA E BENEFICIOS.

   Ola, nenas e nenosEsc0itar música clásica ou culta -xénero musical- nos aporta grandes beneficios, entre eles: reduce o estrés, mellora o ánimo e o rendemento escolar, reduce a ansiedade e o insomnio, axuda na corrección da dislexia, na concentración, memoria, atención,  mellora as funcións cerebrais nos adultos..Se queres aprender máis, clica en BENEFICIOS.

    Déixovos algunhas suxerencias para que comecedes a desfrutar e experimentar os beneficios citados. Xa sabes, 15 min. diarios sería un bo tempo, ou 30 min., mentres fas as tarefas escolares, mentres les un libro, mentres ordenas o teu cuarto....

OBRAS:              

                                     NOCTURNO Nº 2 de CHOPIN


CLICA SOBRE CADA OBRA e poderás escoitalas.


5ª SINFONÍA de BEETHOVEN.

SONATA PARA PIANO Nº  14  CLARO DE LUNA

SINFONÍA Nº 40 DE MOZART

CONCIERTO PARA PIANO Nº 21 DE MOZART

PEQUEÑA SERENATA NOCTURNA de MOZART

CASCANUECES (suite) de TCHAIKOWSKY

O CARNAVAL DOS ANIMAIS de SAINT-SAËNS

AS CATRO ESTACIÓNS de   VIVALDI

CONCERTO PARA DOUS VIOLÍNS de  BACH

SHEREZADE DE RIMSKY KORSAKOV

SINFONÍA DE LOS JUGUETES DE MOZART

PARA ELISA DE BEETHOVEN

CONCIERTO PARA PIANO Nº 1 DE TCHAIKOWSKY

DANZA HÚNGARA Nº 5 de BRAHMS





martes, 22 de diciembre de 2020

PANXOLIÑAS E VILLANCICOS.

  ☺ Sabedes cal é a diferenza entre PANXOLIÑAS  e VILANCICOS.?  

As panxoliñas forman parte da tradición cristiá que celebra o nacemento de Xesús. É tradición cantalos en familia. Estas alegres cancións nada tiñan que ver co Nadal, relixión ou o nacemento de Xesús, senón que se trataba de alegres composicións que eran profanas, cantábanse no mundo rural e cuxo fin era explicar os acontecementos que sucederan nas vilas (amores e desamores, falecementos e todo aquilo que puidese interesar ao pobo). Eran un noticieiro rural. A súa orixe remóntase ás cantigas, unha especie de poesías cantadas típicas da época medieval galego-portuguesa do século XII.
    Os vilancicos teñen a súa orixe no século XV, coa modificación de cantigas populares que pertencían á antigüidade. Actualmente, o vilancico está asociado á relixión cuxa letra se relaciona principalmente coa época navideña, omitindo en parte a estructura e a orixe que tivo este tipo de composición poética.

   MARCHEMOS ALEGRES                                                         CON UN SOMBREIRO DE PALLA

.                                                

CANTOS DE REISES E PANXOLIÑAS DE NEDA
 
      
     Este é un  VILANCICO  popular.

Ay, del chiquirritín, chiquirriquitín
Metidito entre pajas
Ay, del chiquirritín, chiquirriquitín
Queridín, queridito del alma
Por debajo del arco del portalito
Se descubre a María, José y el Niño
Ay, del chiquirritín, chiquirriquitín
Metidito entre pajas
Ay, del chiquirritín, chiquirriquitín
Queridín, queridito del alma
Entre un buey y una mula, Dios ha nacido
Y en un pobre pesebre le han recogido




jueves, 17 de diciembre de 2020

TRIVIAL MUSICAL.

      O XOGO do TRIVIAL é moi  instructivo e divertido, sobre todo se xogas en familia ou con amigos e amigas. Este é un TRIVIAL MUSICAL e coido que vos gustará. Poden xogar 1 ou 2 nen@s e require ter boa vista, bo oído, axilidade. mental e....moitas ganas de aprender!!   



domingo, 22 de noviembre de 2020

ACUARELA.

   ☺☺  Hoxe, 22 de Novembro, celébrase o día de Sta. Icía, patroa dos músicos. Preséntovos unha cantiga, ACUARELA, composta por Toquinho, cantante e guitarrista brasileiro. 


Tamén podedes escoitar a versión orixinal, fabulosa, cantada en portugués.







lunes, 22 de junio de 2020

BO VERÁN PARA TOD@S!!

Nenas e nenos, remata este curso e agora teredes tempo para descansar, xogar, pasear, ler, crear, debuxar, ir á  praia ou á montaña, practicar deporte, cantar, bailar e divertirvos. Desexo que pasedes un FABULOSO VERÁN. Bicos para tod@s  ☺☺☺


@


domingo, 31 de mayo de 2020

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS.

        ☺☺☺    Ola:  Que tal estades tod@s?  Hoxe vos presento a unhas grandes FAMILIAS de INSTRUMENTOS, con sons moi similares ou diferentes, como se fosen curmás, avós, fillos ou nais, uns dos outros, por iso se chaman familias instrumentais. As principais son 3: instrumentos de corda, instrumentos de vento e instrumentos de percusión.



lunes, 25 de mayo de 2020

Peques ÓPERA

          Ola !!!   Escoitar ópera ten moitos beneficios para  os nen@s: a través da ópera estimulan a súa imaxinación, aprenden a ser tolerantes, descobren outras culturas, melloran o seu vocabulario, comprenden o desenvolvemento de tramas e a evolución dos personaxes, desenvolven o seu amor pola música, comprenden a conexión entre distintas disciplinas artísticas e lles axuda a aprezar o arte.   Se queres saber máis..., fai clic sobre esta frase:  os BENEFICIOS da ÓPERA.

                                                                                         RIGOLETTO de VERDI

                                                                                                  A FRAUTA MÁXICA  de MOZART
                                        

                                                                                      CARMEN de BIZET

                                                                                                               A WALKIRIA  de  WAGNER
                                         






RITMOS CON NEGRAS E CORCHEAS.

Aquí tedes uns ritmos para que practiquedes con palmas ou cun instrumento que teñades a man -culleres metálicas, dous paus, dúas tapas de tarteiras, unhas maracas, un triángulo, dúas piñas, etc.- .Practicamos as negras, corcheas e o silencio de negra




QUE INSTRUMENTO SOA?

Bo día:  O oído é un dos sentidos que os músicos -cantantes, instrumentistas, compositores- deben desenvolver máis, practicando, tocando e realizando exercicios de educación auditiva. Para comezar a ser un bo músico podedes practicar con este xogo de IDENTIFICAR os TIMBRES dos instrumentos. Poden xogar 1 ou  2 xogadores.    👱  👂

         LA CAJA DE IRENE: Escuchar y reconocer instrumentos musicales

CANTIGAS INFANTÍS II

Ola, nenas e nenos: Novas cancións que podedes cantar en compañía: cos irmáns, cos vosos pais, cos avós.....

                                                  EL SAPO de La Gallina Pintadita.


                                      EU TEÑO ALGUÉN de María Fumaça.

                        

A HORTA DE BALBINA de María Fumaça.  



domingo, 24 de mayo de 2020

BAILE "O señor da serra".

 😊 Este xogo vén da zona do Condado e pódese bailar de varios xeitos. Está recollido no libro-CD "Para cantar e bailar" de Luis Prego. É moi sinxela e podedes aprendela, só necesitades unha parella ou mellor dúas parellas.

       
O señor da serra ten unha serriña...(bis)
pro  lindo fillo do serrador...(bis)

                                                                            Para serra-la madeira a serriña (bis)
                                                                            pro lindo fillo que é serrador (bis)

jueves, 21 de mayo de 2020

MÚSICA DE CINE. As mellores B.S.O.

  Ola rapazas e rapaces: Estas son películas, de diferentes xéneros -comedia, drama, aventura, románticas, ciencia ficción....- que foron exitosas tamén pola B.S.O. (banda sonora orixinal). Abride os enlaces e  AVERIGUADE qué música corresponde a cada película.       Sodes quen de acertalas todas?

Piratas del Caribe 4' también arrasa en la taquilla española, pero ...        Lo que Charlot nos cuenta de Charlie Chaplin - SWI swissinfo.ch  Cuántas versiones de Superman existen en el cine y la televisión ...

  Harrison Ford: “Nadie más va a ser Indiana Jones. Morirá conmigo”        Star Wars, el orden cronológico correcto de todas las películas y ...  La Vida Es Bella [DVD]: Amazon.es: Roberto Benigni, Roberto ...
  El oboe del Padre Gabriel - Mito | Revista Cultural      La lista de Schindler vuelve a los cines: 10 escenas inolvidables ...     Banda Sonora de 'El Último Mohicano' - BSO, música y canciones     Tituloriginal | El rincón de pensar: La saga Harry Potter en ...    West Side Story' salta en septiembre del oeste de Manhattan a ...    Este es el actor que más días ha interpretado a James Bond ...

       Tiburón (1975) Película - PLAY Cine
 

MÚSICA 1:  https://www.youtube.com/watch?v=78N2SP6JFaI
MÚSICA 2:  https://www.youtube.com/watch?v=fDE2YefKTxg
MÚSICA 3:  https://www.youtube.com/watch?v=ntXJJwEk1NA
MÚSICA 4:  https://www.youtube.com/watch?v=DYypDogG2kM
MÚSICA 5:  https://www.youtube.com/watch?v=x5M0cLa6Ros
MÚSICA 6:  https://www.youtube.com/watch?v=xBLbH6vRwk8
MÚSICA 7:  https://www.youtube.com/watch?v=XPMXK7OYW9I
MÚSICA 8:  https://www.youtube.com/watch?v=tvKKT_A461c
MÚSICA 9:  https://www.youtube.com/watch?v=0HS7qeQvNJU
MÚSICA 10:  https://www.youtube.com/watch?v=GTXBLyp7_Dw
MÚSICA 11:  https://www.youtube.com/watch?v=QjgsWKOYkOY
MÚSICA 12:  https://www.youtube.com/watch?v=g067ksET7do
MÚSICA 13:  https://www.youtube.com/watch?v=32qghQCgLFk

domingo, 17 de mayo de 2020

AS LETRAS GALEGAS FALAN, EXPRESAN E CANTAN.

Hoxe, 17 de Maio, celebramos o día das Letras Galegas, con música e palabras, cunha pequena mostra dos artistas máis  destacados do panorama musical galego e portugués.         Este ano dedícase a Ricardo Carvalho Calero.


    UXÍA SENLLE, nada en Mos, ten unha ampla e recoñecida traxectoria,  i é unha das mellores cantantes galegas.


                                  
SUSANA SEIVANE,  magnífica gaiteira, pertence a un familia de gaiteiros e luthiers.


                                                               

AMANCIO PRADA, un dos máis veteráns cantantes, quen puxo voz a tantísimos poemas de Rosalía de Castro.

DULCE PONTEScantante portuguesa que ademáis de fados, canta un fermoso poema de  Alfonso Daniel Castelao, titulado LELA.


        
CÉ ORQUESTRA PANTASMA. Este home orquestra canta e toca ata 5 instrumentos á vez. É un grande e polifacético músico, veciño de Valadares.

MÚSICA DE CINE. Películas infantís.

Ola, nenas e nenos:  Aquí tedes importantes películas infantís, que seguramente vistes xa no cine pero......recoñecedes a B.S.O . (banda sonora orixinal) ?  Poden axudarvos os vosos irmáns ou pais...Cantas podedes acertar ?   😀😀😀


La PANTERA ROSA en Español - Huesos en Rosa - Caricatura para ...         Un chico sin piernas dio vida a E.T., su nombre no viene de la ...    Shrek: la saga del famoso ogro verde tendrá un reboot y ya está en ...        Las aventuras de Tadeo Jones (2012) - Filmaffinity     Una verdad que no querrás saber sobre “Buscando a Nemo” | CNN       Ice Age: El gran cataclismo', hundimiento total                   10 cosas que no sabías de Sonrisas y lágrimas                Mary Poppins», 50 años de magia y color

     TOY STORY "HAY UN AMIGO EN MÍ" (CANCIÓN ORIGINAL EN ESPAÑOL ...     20 datos curiosos que no sabías de "El Rey León"   La Sirenita (Cuento Disney) ® Chiquipedia

Estes son os enlaces para que escoitedes os audios. Cada nº non se corresponde coa imaxe. 

Música 1:    https://www.youtube.com/watch?v=azDooqaQFAM     
Música 2:    https://www.youtube.com/watch?v=0O57fMcHzh8 
Música 3:    https://www.youtube.com/watch?v=K_kE2EKLs7o 
Música 4:    https://www.youtube.com/watch?v=4cEVGnom6v     
Música 5:    https://www.youtube.com/watch?v=JVfZAUw_Ezc
Música 6:   https://www.youtube.com/watch?v=-KmBrQEcNUI   
Música 7:   https://www.youtube.com/watch?v=OuRjfCcNbYI 
Música 8:   https://www.youtube.com/watch?v=lM6EWX1eXPs 
Música 9:   https://www.youtube.com/watch?v=oR1-UFrcZ0k     
Música 10: https://www.youtube.com/watch?v=drnBMAEA3AM
Música 11: https://www.youtube.com/watch?v=JVfZAUw_Ezc 

ATRAPA AS NOTAS

XOGO  de rapidez visual e auditiva. As notas da escala de DO non paran de moverse. Tes que xogar con elas e colocalas no seu lugar no pentagrama. Hai diferentes niveles de dificultade.
CLICA sobre esta imaxe e...adiante!!!   


            https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html

viernes, 15 de mayo de 2020

DISCRIMINACIÓN TÍMBRICA

    IDENTIFICA o TIMBRE dos instrumentos que están soando.  Clica sobre a orella e escoitarás o son de diferentes instrumentos...

                                           http://moodle.donostiaeskola.org/doremi/2011/03/09/quien-toca/

martes, 5 de mayo de 2020

PIRIMPIMPIM (cantiga tradicional).

Ola !  Hai unha cantiga  O Pirimpimpím, do grupo Malvela, que resulta moi alegre para cantala a todas horas. Queredes comprobalo? Pois veña, tod@s a cantar.!...😄😄


Este  2º vídeo é outra versión cantada por Malvela, con baile. 



RIBEIRANA DE VIGO

Bos días. Como estades, nenas e nenos? ☺☺☺☺    A Ribeirana de VIGO é unha peza tradicional do noso folclore. Déixo a danza "Ribeirana" e a letra da cantiga para que a aprendades ben, cantada e bailada. Podédeslla ensinar aos vosos familiares.


Vexo Vigo, vexo Cangas,
tamén vexo Redondela,
vexo a ponte de Sampaio,
camiño da miña terra.
Uah lalalala, uah lalalalala
Uah lalalala, uah lalalala
Para peixe fresco Vigo
para chocos Redondela,
para camaróns Moaña,
Cangas e a costa da vela.
     Uah lalalalala, uah lalalalala....
Nosa señora da Guía
ten a porta para a illa,
para ver ós mariñeiros
como pescan a sardiña.
     Uah lalalalala, uah lalalala....
    Fun dende Vigo a Moaña 
remando nunha lanchiña,
vin pasar o berberecho
detrás da berberechiña.


                             

ÓPERA



¿Que  sabedes sobre a ÓPERA? A ópera é un  xénero de musica teatral,  na que os actores se expresan mediante o canto, acompañados por unha orquestra que, a diferencia do oratorio, se representa nun espazo teatral ante un público. Existen varios xéneros estreitamente relacionados coa  ópera, como son o musical, a zarzuela e a opereta.

   A   ÓPERA   é unha das manifestacións artísticas máis completas que existen. Desenvólvese como unha obra de teatro, na que a acción transcorre nos recitativos (momentos nos que os cantantes narran a historia) e nas arias os personaxes expresan os seus  sentimentos e pensamentos.
      A ópera naceu nos salóns florentinos (Italia) a finais do século  XVI. En realidade xurdiu pola necesidade de converter en espectáculo o tipo de arte simplificado, ordenado i estrictamente definido que ofrecían as artes plásticas.
     Os nenos e nenas poden estudar canto e chegar a ser grandes cantantes líricos. Escoitade a esta nena, Melani, cuxa fermosa voz  nos emocionou no programa Got Talent.  Canta "Nessun Norma" de Puccini.  No 2º vídeo escoitaredes outra interpretación da mesma aria.



   No panorama artístico internacional hai grandes cantantes líricos:
LUCIANO  PAVAROTTI, italiano, foi un dos máis extraordinarios. Na ópera Turandot, de Giacomo Puccini (1858-1924), hai un aria  "Nessun dorma"  (que nadie duerma), de gran beleza, e unha palabra repetida VINCERÓ  (venceré).



Destacadas voces no panorama nacional son:  AINHOA ARTETA, nada en Guipúzcoa. Canta unha habanera da ópera Carmen de Georges Bizet  (París, 1838 - 1875).

                       
    Precisamente, Ainhoa Arteta escoitaba, sendo pequena, discos de MARIA CALLAS, (Nueva York, 1923-1977), chamada La Divina polo seu gran talento actoral e vocal, grandiosa voz e persoalidade que inspirou a rodaxe de películas sobre a súa vida. Ainhoa quixo estudar bel canto, ao igual que Maria Callas. Escoitade "Oh mio babbino caro", ( oh, mi papá querido), un aria da ópera Gianni Schicchi (1918),​ de Puccini .

                                                     

       Unha das mellores cantantes de ópera do século XX foi  MONTSERRAT CABALLÉ, (Barcelona ,1933-2018). A súa tesitura vocal era prodixiosa.
Escoitade  esta aria de  El fantasma de la ópera.    
  No  2º  vídeo, Montserrat Caballé canta a dúo con Freddie Mercury, cantante de rock...Sorprendente, certo?  Dous estilos musicais moi diferentes, unha cantante de ópera e un cantante de rock, compositor e unha das mellores voces da historia. 

 
Barcelona é unha canción composta para a celebración dos xogos olímpicos de Barcelona, 1992