martes, 5 de mayo de 2020

ÓPERA



¿Que  sabedes sobre a ÓPERA? A ópera é un  xénero de musica teatral,  na que os actores se expresan mediante o canto, acompañados por unha orquestra que, a diferencia do oratorio, se representa nun espazo teatral ante un público. Existen varios xéneros estreitamente relacionados coa  ópera, como son o musical, a zarzuela e a opereta.

   A   ÓPERA   é unha das manifestacións artísticas máis completas que existen. Desenvólvese como unha obra de teatro, na que a acción transcorre nos recitativos (momentos nos que os cantantes narran a historia) e nas arias os personaxes expresan os seus  sentimentos e pensamentos.
      A ópera naceu nos salóns florentinos (Italia) a finais do século  XVI. En realidade xurdiu pola necesidade de converter en espectáculo o tipo de arte simplificado, ordenado i estrictamente definido que ofrecían as artes plásticas.
     Os nenos e nenas poden estudar canto e chegar a ser grandes cantantes líricos. Escoitade a esta nena, Melani, cuxa fermosa voz  nos emocionou no programa Got Talent.  Canta "Nessun Norma" de Puccini.  No 2º vídeo escoitaredes outra interpretación da mesma aria.



   No panorama artístico internacional hai grandes cantantes líricos:
LUCIANO  PAVAROTTI, italiano, foi un dos máis extraordinarios. Na ópera Turandot, de Giacomo Puccini (1858-1924), hai un aria  "Nessun dorma"  (que nadie duerma), de gran beleza, e unha palabra repetida VINCERÓ  (venceré).



Destacadas voces no panorama nacional son:  AINHOA ARTETA, nada en Guipúzcoa. Canta unha habanera da ópera Carmen de Georges Bizet  (París, 1838 - 1875).

                       
    Precisamente, Ainhoa Arteta escoitaba, sendo pequena, discos de MARIA CALLAS, (Nueva York, 1923-1977), chamada La Divina polo seu gran talento actoral e vocal, grandiosa voz e persoalidade que inspirou a rodaxe de películas sobre a súa vida. Ainhoa quixo estudar bel canto, ao igual que Maria Callas. Escoitade "Oh mio babbino caro", ( oh, mi papá querido), un aria da ópera Gianni Schicchi (1918),​ de Puccini .

                                                     

       Unha das mellores cantantes de ópera do século XX foi  MONTSERRAT CABALLÉ, (Barcelona ,1933-2018). A súa tesitura vocal era prodixiosa.
Escoitade  esta aria de  El fantasma de la ópera.    
  No  2º  vídeo, Montserrat Caballé canta a dúo con Freddie Mercury, cantante de rock...Sorprendente, certo?  Dous estilos musicais moi diferentes, unha cantante de ópera e un cantante de rock, compositor e unha das mellores voces da historia. 

 
Barcelona é unha canción composta para a celebración dos xogos olímpicos de Barcelona, 1992

                                                                           

               

No hay comentarios:

Publicar un comentario