martes, 5 de mayo de 2020

RIBEIRANA DE VIGO

Bos días. Como estades, nenas e nenos? ☺☺☺☺    A Ribeirana de VIGO é unha peza tradicional do noso folclore. Déixo a danza "Ribeirana" e a letra da cantiga para que a aprendades ben, cantada e bailada. Podédeslla ensinar aos vosos familiares.


Vexo Vigo, vexo Cangas,
tamén vexo Redondela,
vexo a ponte de Sampaio,
camiño da miña terra.
Uah lalalala, uah lalalalala
Uah lalalala, uah lalalala
Para peixe fresco Vigo
para chocos Redondela,
para camaróns Moaña,
Cangas e a costa da vela.
     Uah lalalalala, uah lalalalala....
Nosa señora da Guía
ten a porta para a illa,
para ver ós mariñeiros
como pescan a sardiña.
     Uah lalalalala, uah lalalala....
    Fun dende Vigo a Moaña 
remando nunha lanchiña,
vin pasar o berberecho
detrás da berberechiña.


                             

No hay comentarios:

Publicar un comentario