Bos días: O alumnado de 5º terá que facer un traballo sobre as FAMILIAS ORQUESTRAIS, escollendo unha delas -vento-madeira (frauta traveseira, oboe, clarinete e fagot), vento-metal (trompeta, trompa, trombón, tuba), cordas fretadas -violín, viola, violoncello, contrabaixo), cordas punteadas (bandurra,mandolina,laúde, arpa, guitarra)-, cordas percutidas (piano, celesta, clavicordio)-, percusión 1 (timbais, xilófono, marimba, caixa chinesa, pratos, bongós, bombo) ou ben percusión 2 (triángulo, maracas, campás tubulares, agogó, vibráfono, metalófono, güiro, tamboril).
AS FAMILIAS ORQUESTRAIS QUE PODE ESCOLLER O ALUMNADO son as que aparecen con distintas cores.
O guión é o seguinte: portada, descrición do instrumento, características da familia orquestral, partes do instrumento e fontes informativas. Podedes facer o traballo on-line e copialo nun pen-drive ou ben facelo manuscrito, con ou sen fotografías ou debuxos, en galego.Tedes que seguir estes apartados e non outros, sen estenderse.
PREFIRO QUE NON CONSULTEDES a WIKIPEDIA. Déixovos uns enlaces:
https://leitersblues.com/los-instrumentos-de-la-orquesta
https://instrumentosmusicales10.net/instrumentos-de-cuerda
https://losinstrumentosdeviento.com/metal/
https://losinstrumentosdeviento.com/madera/
https://www.instrumentosdepercusion.com/
Facede o traballo adicándolle 5 min. cada día, se tedes tempo, sen agobios. TEDES 1 MES DE PRAZO para facelo, ata o día 24 de abril. Xa mo entregaredes en persoa.
O alumnado de 6º terá que facer un traballo sobre COMPOSITORES CLÁSICOS, escollendo entre este listado que vos deixo, tendo en conta o seguinte. Segundo o nº que tedes na listaxe de alumnos por orde alfabética, así escolleredes o compositor. Por exemplo: se Ignacio é o nº 3 de clase, escollerá o compositor nº 3.
COMPOSITORES: 1.TCHAIKOWSKY, 2.BEETHOVEN, 3.MOZART, 4.VIVALDI, 5.STRAUSS (fillo), 6.SAINT-SAËNS, 7.HAËNDEL, 8.SCHUBERT, 9.SCHUMANN, 10.WAGNER, 11.CHOPIN, 12.FALLA, 13, TURINA, 14.ROSSINI, 15.VERDI, 16. RIMSKY-KORSAKOV.
O guiòn é o seguinte: portada, datos da súa vida, periodo musical (clasicismo, romanticismo, barroco, ...)ao que pertence, anécdotas, cidades nas que viviu, obras que compuxo, fontes informativas. Podedes facer o traballo on-line e copialo nun pen-drive ou ben facelo manuscrito, con ou se fotografías ou debuxos, en galego. A extensión máxima será de 5 folios en papel, por unha cara e de 3 páxinas en formato power-point.
PREFIRO QUE NON CONSULTEDES a WIKIPEDIA. Déixovos uns enlaces:
https://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/bach_sebastian.htm
https://www.musicosclasicos.com/biografias.htm
FACEDE o traballo adicándolle 5 min. cada día, se tedes tempo, sen agobios. TEDES 1 MES DE PRAZO PARA FACELO, ata o 24 de ABRIL. Xa mo entregaredes en persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario