martes, 31 de marzo de 2020

ICE AGE

Bos dias! Ás veces os animais teñen vidas máis sinxelas cas dos humanos, non si? Pensamos que non sempre atopan comida, deben fuxir dos animais depredadores, durmen á intemperie, pero...son felices!!!. Aquí vos deixo unha mostra.   Película: ICE AGE  (a idade do xeo).                     A  DIVERTIRSE...!

jueves, 26 de marzo de 2020

COMPOSITORES

    Os  grandes  compositores de Música Clásica como son: Mozart, Beethoven, Chopin, Haëndel, Schumann, Strauss (pai), Strauss (fillo), Falla, Bach, Verdi, Tchaikowsky, etc. non tiveron unha vida fácil pois non sempre valoraron o seu talento musical. Déixovos aquí algunhas biografías para que busquedes información sobre eles.


miércoles, 25 de marzo de 2020

O GATO PACO

     Sabedes que lle pasou ao gato Paco? Escoitade atentamente e xa mo contaredes...
                                     
                             
                                                           

FUN AO MERCADO

     Que tal nenas e nenos? Déixovos aquí unha cantiga por se tedes que saír comprar algún alimento ao mercado...  

                                         

QUE INSTRUMENTO SOA?


   Como andades de oído?  Preséntovos un xogo de discriminación tímbrica dos instrumentos. Fai clic no arpa . Adiante!!..

http://moodle.donostiaeskola.org/doremi/2011/03/09/quien-toca/Resultado de imagen de TROMPETAResultado de imagen de MARIMBA

J'E VOLE

      Recoméndovos a película  musical LA FAMILIA BÉLIER, na que escoitaredes cancións francesas.  A sinopse  trata sobre unha xove cuxos proxenitores son xordomudos. Louane descobre que ten talento para cantar. O que máis desexa é expresarse, coa súa belísima voz e coa linguaxe de signos que domina, de xeito que súa nai e pai tamén sintan esa emoción. Título da canción: J'e vole 

                                           
                                   

EU SON UN ARTISTA

       Olaaaaa..!!!!  Esta cantiga  Eu son un artista de Mamá Cabra, ensinarávos o timbre de moitos instrumentos: gaita, saxofón, clarinete. É, ademais, moi alegre. 
                   
                                                   

IMOS BAILAR

.  Esta canción Imos bailar, figura no disco Ola, ola, la de Mamá Cabra. Xa podedes comezar a bailar, como nos mostran estes nenos e nenas no vídeo.

                                         

                                               
                                                         
                               

martes, 24 de marzo de 2020

EU QUERO A LÚA

   Aquí tedes unha nova canción, editada no libro-disco Xoque Xoque, Fiu, Fiu, de María Fumaça. A cantar todos moi forte..!!!
                     
                                           

EL POLLITO AMARILLITO

Ola peques!!   Xa podedes comezar a cantar e bailar, co pollito amarillito.
     
                                                       

LINGUAXE MUSICAL

              A lectura de notas é unha práctica moi importante. Este xogo serávos útil para repasar.

                                                 
                                 
                                 https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html

XOGO de RITMOS

        Este xogo propón que identifiques o ritmo que soa. 

                                                 https://aprendomusica.com/const2/17ritmo4compases1/ritmo4compases1.html 

XOGO de NOMES DOS INSTRUMENTOS



   Bos días!  Déixovos un xogo de emparellamento do nome dos instrumentos coa súa imaxe. E......a divertirse!!!   

https://aprendomusica.com/const2/18memoryInstrumentosBasico/memoryInstrumentosBasico.html
PIANO DE COLA
           

lunes, 23 de marzo de 2020

Tarefas para 5º e 6º.

Bos días: O alumnado de 5º terá que facer un traballo sobre as FAMILIAS ORQUESTRAIS, escollendo unha delas -vento-madeira (frauta traveseira, oboe, clarinete e fagot),    vento-metal (trompeta, trompa, trombón, tuba),  cordas fretadas -violín, viola, violoncello, contrabaixo), cordas punteadas (bandurra,mandolina,laúde, arpa, guitarra)-,  cordas percutidas (piano, celesta, clavicordio)-,  percusión 1 (timbais, xilófono, marimba, caixa chinesa, pratos, bongós, bombo)  ou ben percusión 2 (triángulo, maracas, campás tubulares, agogó, vibráfono, metalófono, güiro, tamboril). 
AS FAMILIAS ORQUESTRAIS QUE PODE ESCOLLER O ALUMNADO son as que aparecen con distintas cores.
       O guión é o seguinte: portada, descrición do instrumento, características da familia orquestral, partes do instrumento e fontes informativas.  Podedes facer o traballo on-line e copialo nun pen-drive ou ben facelo manuscrito, con ou sen fotografías ou debuxos, en galego.Tedes que seguir estes apartados e non outros, sen estenderse.
       PREFIRO QUE NON CONSULTEDES a WIKIPEDIA. Déixovos uns enlaces:
 https://leitersblues.com/los-instrumentos-de-la-orquesta
 https://instrumentosmusicales10.net/instrumentos-de-cuerda
 https://losinstrumentosdeviento.com/metal/
 https://losinstrumentosdeviento.com/madera/
 https://www.instrumentosdepercusion.com/
       Facede o traballo adicándolle 5 min. cada día, se tedes tempo, sen agobios. TEDES 1 MES DE PRAZO para facelo, ata o día 24 de abril.  Xa mo entregaredes en persoa. 

     O alumnado de 6º terá que facer un traballo sobre COMPOSITORES CLÁSICOS, escollendo entre este listado que vos deixo, tendo en conta o seguinte. Segundo o nº que tedes na listaxe de alumnos por orde alfabética, así escolleredes o compositor. Por exemplo: se Ignacio é o nº 3 de clase, escollerá o compositor nº 3.
COMPOSITORES: 1.TCHAIKOWSKY, 2.BEETHOVEN, 3.MOZART, 4.VIVALDI, 5.STRAUSS (fillo), 6.SAINT-SAËNS, 7.HAËNDEL, 8.SCHUBERT, 9.SCHUMANN, 10.WAGNER, 11.CHOPIN, 12.FALLA, 13, TURINA, 14.ROSSINI, 15.VERDI, 16. RIMSKY-KORSAKOV.
      O guiòn é o seguinte: portada, datos da súa vida, periodo musical  (clasicismo, romanticismo, barroco, ...)ao que pertence, anécdotas, cidades nas que viviu, obras que compuxo, fontes informativas.  Podedes facer o traballo on-line e copialo nun pen-drive ou ben facelo manuscrito, con ou se fotografías ou debuxos, en galego. A extensión máxima será de 5 folios en papel, por unha cara  e  de 3 páxinas en formato power-point.
               PREFIRO QUE NON CONSULTEDES a WIKIPEDIA.  Déixovos uns enlaces: 
 https://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/bach_sebastian.htm
 https://www.musicosclasicos.com/biografias.htm
      FACEDE o traballo adicándolle 5 min. cada día, se tedes tempo, sen agobios. TEDES 1 MES DE PRAZO PARA FACELO, ata o 24 de ABRIL.  Xa mo entregaredes en persoa.

EL LIBRO DE LA SELVA

Como estades, nenas e nenos? Tedes que seguir aprendendo cancións moi divertidas así que...aquí vos deixo "busca lo más vital", da película El libro de la selva, e comede moitos plátanos e outras froitas para medrar moi fortes.

                                               

O VOO DA POMBA

Escoitade esta fermosa melodía  O voo da pomba , composta polo grupo  MILLADOIRO, formado nos anos 70, un dos grupos galegos de maior relevancia na música folk celta.

              

PARA VIGO ME VOY

   Aquí tedes a letra desta canción de Lecuona, cantada por Compay Segundo e Carlos Núñez, destacado gaiteiro vigués de proxección internacional.

MUSICOGRAMAS

    Musicograma de EN EL PALACIO DEL REY DE LA MONTAÑA de E. GRIEG.

              

A ESCALA MUSICAL

       Tedes que realizar este exercicio para completar e colocar cada nota no seu sitio.

http://moodle.donostiaeskola.org/doremi/2011/03/10/completa-escala/      Resultado de imagen de la escala musical

FRAUTA DOCE

   Ola alumnas/os! Neste vídeo aprendemos a tocar a frauta doce. Practicade moito, 5 ou 10 min. diarios!!
             

FAMILIAS ORQUESTRAIS.


  Seguidamente, preséntovos un XOGO de memoria para que aprendades as FAMILIAS ORQUESTRAIS : vento, cordas e  percusión. 

https://aprendomusica.com/iconos/24memoryvientoB.png          https://aprendomusica.com/iconos/25memorycuerdaB.png                 ¡Memory:  Aprende los nombres de los instrumentos de percusión!             

Diversións Musicais

⌛    Ola rapazas e rapaces!  Estas son as accións máis importantes en Educación Musical . Cales vos resultan máis doadas?

Resultado de imagen de los 8 infinitivos de la educacion musical







       


                                                   







                         

sábado, 21 de marzo de 2020

BILLY ELLIOT

Ás veces pensades que non tedes certas habilidades e non vos atrevedes a intentalo. Nunca hai que rendirse e sempre hai que intentar superarse, con tesón, como fixo Billy Elliot.  Seu pai quería que fose boxeador, pero a Billy non lle gustaba ese deporte. E sabedes que...? Logrou o seu soño,: ser bailarín !!!!!

                                         

COCO

Ola nenas e nenos!  Xa tedes ganas de movervos e cantar fortissimo, non? Aquí vos deixo unha canción, da película COCO, que vos fará brincar e saltar.  Aprendédea ben, pois éche ben alegre!



COCO 1

Ola a todas e todos! Como estades? Déixovos unha fermosa canción, da película COCO, que seguramente aínda non sabedes. Aprendede ben a letra e.... a cantar...!


O REI LEÓN.

Nenas e nenos, seguramente xa coñecedes ao rei León, a Timón e a Pumba pero...sabedes o ben que cantan? Cantade con eles...☺☺☺


jueves, 19 de marzo de 2020