miércoles, 22 de abril de 2020

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN

Os Instrumentos de PERCUSIÓN  que existen son moitos. É unha gran familia de instrumentos que se utilizan na orquestra sinfónica e nas bandas de música, así como noutras agrupacións instrumentais. No mundo existen moitísimos máis, pensade en cada país e continente -Asia, África, América...-  Outro día presentareivos outros instrumentos destes continentes.

Thomann MSPVT43 Marimba A=442 – Thomann España       VIBRAFONO YAMAHA YV2700GCEE - Tienda de instrumentos musicales ...   Timbales Aislados Sobre Fondo Blanco. Ilustración 3D. Serie De ...
MARIMBA                                                            VIBRÁFONO                                            TIMBAIS



musicaberriozar: Instrumentos de percusión. 1º de ESO                  Campana tubular (instrumento musical) - EcuRed 
                                                                                                                 CAMPÁS TUBULARES

Dixon 10" China Gong – Thomann España                Instrumento Musical De Percusión De Madera Maciza Natural Conga ...
                 GONG                                                      CONGAS

Neste vídeo escoitaredes a 4 percusionistas tocando a MARIMBA. Eles son ABMIRAM QUARTET, xoves músicos que se divirten interpretando obras musicais e nos ensinan o poder da música para transmitirnos infinitas emocións.


 

ODAIKO  PERCUSSION  GRUPO  presenta  o espectáculo VAIA  BANDA.

                                

Música e libros. 23 de abril

  🎵🎵   📙  Esta semana celebramos o día do libro, 23 DE ABRIL. Este é un fermoso conto, A flor máis grande do mundo, escrito polo ilustre José Saramago, con música do compositor e actor Emilio Aragón (fillo do pallaso Miliki). Sei que vos gustará.   😀


CANCIÓNS INFANTÍS

  Bos días, pequen@s:  Algunhas  divertidas cancións están aquí, para que as cantedes e bailedes coa familia. 😀😀

                                                                             MARIPOSITA

                                   .MARIANA CUENTA LOS NÚMEROS

                                 

.EL POLLITO AMARILLITO.


miércoles, 15 de abril de 2020

FOLCLORE INTERNACIONAL

A MÚSICA é un idioma universal que nos permite desfrutar e aprender, emocionarnos, compartir, intercambiar melodías e cantigas, danzas e ritmos, interpretar partituras, en calquera país do mundo. Aquí tedes unha mostra de dous países e unha comunidade autónoma -Canadá, Galicia, Escocia- unidos pola música. Máis de 200 músicos divírtense nunha xornada festiva.                     
     O instrumento principal é o VIOLÍN,  ou fiddleen inglés.



miércoles, 8 de abril de 2020

PERIODOS DA MÚSICA CLÁSICA

Bo día!  A MÚSICA CLÁSICA ou CULTA comprende varios periodos históricos que podedes ver nestes mapas conceptuais. Moitos compositores e algunha compositora son referentes en cada un dos periodos. Déixovos varios enlaces con algunhas das composicións destacadas.

A 5ª SINFONÍA de BEETHOVEN.
ADAGIO de ALBINONI.............https://www.youtube.com/watch?v=MolfQ8w_WQs
AS CATRO ESTACIÓNS de VIVALDI.(primavera).https://www.youtube.com/watch?v=l4Ad6pZ8vEQ
CANON de PACHELBEL..........https://www.youtube.com/watch?v=NlprozGcs80
O CARNAVAL DOS ANIMAIS de SAINT-SAËNS..https://www.youtube.com/watch?v=8zIhK0OV4n4
DANUBIO AZUL de STRAUSS.(fillo).....https://www.youtube.com/watch?v=tAd8kYKaMrw
MARCHA TURCA de MOZART......https://www.youtube.com/watch?v=pvWD5s1P_6I
.CABALLERIA LIGERA de VON SUPPÉ.....https://www.youtube.com/watch?v=b02WqsqV15o
EL HADA DE AZÚCAR (CASCANUECES) de TCHAIKOWSKY..https://www.youtube.com/watch?v=sOgz6jP2IC4

Imagen

O APRENDIZ DE BRUXO de DUKAS.....https://www.youtube.com/watch?v=apHLLck0Q7c
TURANDOT (nessun dorma) de PUCCINI....https://www.youtube.com/watch?v=27pnQNzUlz8
VALS DEL MINUTO de CHOPIN.......https://www.youtube.com/watch?v=G7xyM-n79rE
DANZA HÚNGARA nº 5 de BRAHMS....https://www.youtube.com/watch?v=SqENIMRULFY
POLCA TRISTCH -TRASCH  de STRAUSS (fillo)....https://www.youtube.com/watch?v=ZFitcmlfSA0
MARCHA RADETSKY  de STRAUSS (pai )....https://www.youtube.com/watch?v=devpasbOcSI

Para qué futuro educamos?: Línea del tiempo de los grandes ...




LA VIDA ES BELLA

     Esta exitosa película LA VIDA ES BELLA, recibiu un óscar pola súa BSO, composta por. Nicola Piovani.

Escoitaredes no 2º vídeo, outra  doce melodía, BARCAROLA composta por OFFENBACH., compositor francés de orixe alemán.


                                                          

Tarefas para 4º 5º e 6º ..... INMA SHARA

Bos días!  Hoxe escoitamos á máis importante e primeira directora de orquestra sinfónica española, ademais de compositora, .INMA SHARA. Naceu en Álava e ten unha dilatada traxectoria profesional. Compuxo dúas obras: A batuta invisible e A illa dos sons
Nunha entrevista,ela di o seguinte:
--- Que ocorre cando un pequeno/a toca un instrumento?
"...Non só fomenta a capacidade de sacrificio, que é moi válida para o resto de actividades que emprenda na súa vida. Ademais, toca nun escenario que pode ser o salón da súa casa ante os seus pais. Nun futuro, terá que actuar noutros foros e a música reforzará a súa persoalidade e darálle confianza en sí mesmo".
Atoparedes máis información sobre a súa vida e profesión nos seguintes enlaces:
https://inmashara.com/curriculum/
https://inmashara.com/noticias/
https://inmashara.com/la-batuta-invisible/

   Atoparedes moitas entrevistas que se lle realizaron durante a súa traxectoria. profesional e persoal. Esta é unha delas, que vos aconsello escoitedes completa.


TAREFA QUE TEDES QUE FACER: Primeiramente, buscade o nome de máis directoras de orquestra sinfónica no mundo, indicando o seu nome, a nacionalidade e a orquestra que dirixen.
En 2º lugar, teredes que escribir 5 ou 6 frases importantes que di  INMA SHARA nesta entrevista -só medio folio-.
Como me entregades o traballo?. Se tedes acceso á aula virtual do colexio, podedes envialo aí, e se tedes algunha dúbida, enviádeme unha mensaxe ao buzón da aula virtual. Se non tedes conexión a internet nin dispositivo electrónico, facede o traballo manuscrito e xa mo entregaredes. 

martes, 7 de abril de 2020

MUIÑEIRA DE LUGO

        Alumnos e alumnas: Cóntovos algo que nos transmite a OMS. Esta importante organización resalta os beneficios que supoñen para a saúde, mental e física, actividades culturais, como a música, o canto, a danza, a pintura e a lectura. Así que imos seguir esta recomendación coa "MUIÑEIRA DE LUGO". Xa empezaramos a aprendela na clase pero agora....podedes ver aquí como é a coreografía completa.   Como empezamos o punto?  Adiante, atrás, tacón, punta, tacón.....
                           ...Aquí tedes a PARTITURA.

  
Fuches ti, fuches ti, fuches ti quen cagou no palleiro,
fuches ti, fuches ti, o que leva unha palla no cú.




DITADO DE NOTAS

    Ola, nenos e nenas! Preséntovos un xogo de audición de sons no que tedes que escribir  ditados de 3, 4 ou 5 notas da escala musical. Veña, adiante!

                                              escalaDo/blanc,negr,corch - Dictados Musicales

miércoles, 1 de abril de 2020

MEMORIAS DE ÁFRICA B.S.O.

Como estades, rapazas e rapaces? Hoxe iremos de viaxe por Kenya, en avioneta. É unha idea fabulosa i-espero que non teñades medo de subir tan alto....Esta película, que recibiu 7 premios Óscar, ten unha B.S.O. exquisita, composta por John Barry, que seguramente escoitaredes mil veces.E as paisaxes son espectaculares. 



MAMBO Nº 5

     ❤ ❤ ❤ ❤   Sinto que levades moitos días sentados no sofá ou tirados sobre a alfombra. Tedes que mover as cadeiras e o cú, rapaces e rapazas. Este baile é para xente áxil, dinámica, bailona e....divertida!!!!  A que non vos atrevedes a aprendelo?   MAMBO Nº 5 de Lou Bega.           
        
        O  mambo (significa conversa cos deuses ) é un baile latino de Cuba. Foi inventado durante a década de 1930 polo músico e compositor nativo cubano Arsenio Rodríguez,​ desenvolto en La Habana por Cachao e popularizado por Dámaso Pérez Prado e Benny Mor.





Resultouvos sinxelo, a que sí!! Probade agora con estoutro.  Tamén os adultos poden intentalo!!!



O BAILE DA CARRASQUIÑA

Ola, pequen@s: Coñecedes o baile da Carrasquiña? Aprendédeo moi ben porque nel damos abrazosbicos, a todos os amigos e amigas, nai, pai, avó, avoa e demais parentes. En canto volvamos ao cole, ímolo danzar ata 20 veces ou máis. Debedes bailar cos parentes que viven con vós na casa. Seguro que o pasades en grande!
      Esta danza, un xogo bailado, pertence ao grupo de xogos de roda e bailes de Galicia, onde a tradición oral tivo sempre un papel de enorme importancia. Estes xogos teñen a súa orixe nos seráns, en festas realizadas na rúa, ou ben noutros momentos de encontro nos que, por exemplo, se realizaban distintos traballos domésticos. Había que xerar diversión, e para tal,nada mellor e máis simple que cantar e danzar.
Neste enlace, páxina 4, tedes a PARTITURA.

BANDA DE MÚSICA de BEADE

   ☺☺☺   A parroquia de .BEADE conta cunha destacada Banda de Música, -dirixida por Luis Amosa-, de extensa traxectoria de concertos, certames, premios e recoñecementos polo notable  traballo realizado. Ademais existen outras dúas bandas -xuvenil e peques-. Aquí podedes escoitar o pasodobre Ponteareas  do compositor  Reveriano Soutullo, un dos máis relevantes compositores galegos.  O pai  de Reveriano dirixía a banda de Redondela, polo que Reveriano tivo a música preto dende pequeno. Aos 19 anos foi estudar ao conservatorio de Madrid e, mentres, ganaba a vida tocando o cornetín. Sufriu unha infección de oído que o deixou medio xordo. En Madrid fixo a proba de acceso i-entrou no 1º curso de harmonía. Estudou tres anos de harmonía e composición, asignatura na que lle deron o premio extraordinario.                                


Interpretan o Pasodobre Ponteareas

                               

ODAIKO PERCUSSION GROUP

 Ola a tod@s!   Preséntovos a ODAIKO PERCUSSION GROUP, un dos mellores grupos de percusión, formado en Pontevedra, que está tocando en moitos países do mundo. Nos doce  anos que Odaiko leva enriba dos escenarios, teñen sido 300 actuacións propias e outros proxectos ligados á danza, audiovisual, clásico e didáctica, colaborando sempre con artistas do panorama cultural actual. Os músicos de Odaiko teñen máis de 1.500 concertos ás súas costas, particularidade que os fai moi versátiles.
  Esta formación nace a raíz das numerosas colaboracións dos seus compoñentes en festivais mundiais como o Steve Reich Festival (Holanda), Stok Leuven Contemporain Festival (Bélxica), Convención Internacional de Percusión de Taipei (Taiwán), I am pulse Manila Festival (Filipinas), Nancy Zeltsman Festival (EE.UU), Zeltsman Marimba Festival (Appleton, EEUU), Junio Musical (Jalapa, México), etc    Para aprender máis sobre a súa traxectoria, fai clic en ODAIKO PERCUSSION GROUP